| |
|
BOLETÍN FROUMA |
|
Subscripcion o boletín
|
|
Novas
|
I FIADA MARIÑEIRA  O 11 de setembro a partir das 21:00 h nas tascas do Porto de Lira en Carnota celébrase a I Fiada Mariñeira. Para os que gustan do mar, da súa xente e da nosa música, non faltedes, ESPERÁMOSVOS! |
|
|
ESCOLAS DE CÁNTIGAS DA TERRA - INICIO DO CURSO 2010/2011 A Asociación Cultural Cántigas da Terra ten aberto o prazo de inscripción nas súas Escolas de Música tradicionais, onde imparten crases de gaita galega, tamboril, pandeireta, bombo, pandeiro, cunchas, zanfona, baile tradicional, canto tradicional e solfexo.
Para saber dos horarios, mestres, custo..., podedes chamar ao teléfono: 654 41 34 67, ou pasarte polo seu local social da Rúa San Juan, 9 - Baixo da Coruña. Tamén podes entrar a formar parte deste histórico coro, se gostas de cantar e gostas da nosa música, nono dubides, achégate!!! |
|
|
CLASE MAXISTRAL DE PANDEIRO A CARGO DE XABIER DÍAZ O 11 de setembro, de 11:00 a 14:00 h no Fórum Metropolitano da Coruña darase unha Clase maxistral de pandeiro a cargo do grande artista Xabier Díaz, adicada a todas as persoas interesadas en coñecer e perfeccionar os seus coñecementos sobre este instrumento de percusión tradicional, con carácter gratuíto até completar o aforo. |
|
|
FESTA NACIONALISTA DO CONDADO EN SALCEDA DE CASELAS O domingo 12 de setembro celébrase a Festa Nacionalista do Condado no Parque O Borralliño en Soutelo-Salceda de Caselas coa seguinte programación:
12:00 h: Apertura de postos e exposicións Servizo de Bar. Música ambiente Partidiño de fútbol amigable: BNG-Salceda contra un combinado do BNG comarcal
13:00 h: Música ao Vivo: Gaiteiros de Castro-Barreiro
13:30 h: Intervencións políticas o Marcos Besada (Alcalde de Salceda) o Francisco Chivite (Responsable-portavoz comarcal) o Guillerme Vazquez (Portavoz nacional)
14:00 h: Música ao Vivo durante toda a xornada a cargo dos grupos: o Gaiteiros de Castro-Barreiro o Charanga Os Beira Miño
14:30 h: Xantar Campestre
16:30h: Xogos tradicionais. Chave, Trompo, Billarda…
18:00 h: Liga Nacional de Billarda: Exhibición participativa do xogo da Billarda.
Nota: O recinto onde se celebra a festa, dispón de parque infantil para os mais cativos. |
|
|
CARLOS NÚÑEZ, ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA E THE CHIEFTAINS NO OBRADOIRO O 11 de setembro, ás 20:30 h, Carlos Núñez, a Orquestra Sinfónica de Galicia e The Chieftains darán un concerto na Praza do Obradoiro. O concerto terá entrada libre ata completar aforamento e está enmarcado no Camiño da Música do XACOBEO 2010.
Será o primeiro concerto sinfónico que Carlos fará en Galicia, despois de ter tocado con orquestras de medio mundo, e será nada menos que coa ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA, considerada unha das mellores de Europa. Como non podía ser doutro xeito nun concerto único e irrepetible, Carlos contará cuns convidados especiais de luxo, os seus mestres irlandeses, THE CHIEFTAINS, que este ano cumplen 48 anos xuntos. |
|
|
CURSO 2010-2011 NA ASOCIACION SOCIOCULTURAL FOGO FATUO 
A Asociación Sociocultural Fogo Fatuo de Rianxo comenza o curso 2010/2011. Comezo das clases de pandeireta para nen@s o mércores 6 de outubro Comezo das clases de baile tradicional para nen@s e perfeccionamento o venres 8 de outubro Comezo das clases de gaita e percusión o sábado 9 de outubro Comezo clases iniciación ao baile para adult@s o sábado 9 de outubro |
|
|
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓNS PARA AS ACTIVIDADES DE O FIADEIRO A Asociación Cultural Folclórica O Fiadeiro que está na rúa Xesús Fernández Nº3 - Baixo de Vigo ten aberto o prazo de inscicións para as actividades do curso que e-mail: 2010/2011 que comeza en outubro.
Tedes toda a información dos cursos na web www.ofiadeiro.com ou nosteléfonos da asociación 629 58 53 55 7 986 25 35 85. |
|
|
O DÍA 10 REMATA O PRAZO DE PREINSCRIPCION NA E-TRAD A Escola Municipal de Música Folk e Tradicional, a E-Trad (Vigo), oferta 243 novas prazas para todas e todos os que desexen estudar algunha das 9 especialidades instrumentais, incluíndo o canto, no ámbito de música tradicional de Galicia.
Profesionais de recoñecido prestixio nas súas especialidades conforman a plantiña da primeira escola de música tradicional e folk de Galicia. A oferta educativa da escola para este ano presenta dúas modalidades diferentes: unha para afeccionados e público en xeral (219 prazas) e outra para preparación a estudos profesionais e superiores (24 prazas). O itinerario Básico correspondente á primeira modalidade será accesible a todos os que o desexen, mentres que o itinerario Profesional vai esixir a superación dunha proba de acceso. Neste curso 2010-11 a inscrición é gratuíta e pódese facer en liña na dirección web: www.e-trad.org . A idade mínima para admisión de alumnado é de 9 anos. O prazo permanecerá aberto ata o 10 de setembro. |
|
|
V FESTA DA RANDULFA O 11 de setembro na Área Recreativa da Ponte Vilariño en Agolada celébrase a V Festa da Randulfa, onde a partir das 18:30 h actuarán os grupos:
Lume na Lareira Herba Grileira Raúl Galego Pepe Temprano Pau de Buxo María da Pontracha (contacontos) Bico da Balouta
Bico da Balouta (Toques) |
|
|
III FERVENZA DE MÚSICAS EN OUZANDE, A ESTRADA A Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande presenta a terceira edición da Fervenza de Músicas, III Foliada de Música Tradicional para estas Festas do Socorro. A cita musical terá lugar o próximo venres, 10 de setembro, a partir das 21:00 h no Campo da Festa de Ouzande, A Estrada.
Os grupos convidados son:
A Requinta da Laxeira (Sarandón) Os Xeitosos de Trazo Regato de Matamulleres (Callobre) Gharatuzas (Santiago) Retrouso (Ouzande)
O campo estará cuberto cunha carpa e haberá posto de polbo e Churrasco. Anímate e participa. Podes traer os teus instrumentos. A festa remata cando ti queiras.
Teñen fermosas camisolas á venda na Taberna de Ouzande e no Café A Farola da Estrada. Tamén estarán á venda na Foliada. |
|
|
FESTAS DE MONTE ALTO 2010 O 11 de setembro no Campo de Marte a AA.VV. Atocha, Monte Alto e Torre de Hércules organiza as Festas de Monte Alto coa seguinte programación:
11:00 h: Pasarrúas 12:00 h: Homenaxe ao poeta Manuel María coa colocación dunha praca na casa do poeta 18:00 h: Aberto de Billarda 18:30: Espectáculo Clown Peter Punk (cativas e cativos) 19:30 h:Os Revoltas (folk galego) 21:00 h: A Banda de Gurugú (Música anos 80) 23:00: Trapallada (Rock-Ska galego) |
|
|
SABORES E SABERES EN VILAXOÁN As actividades ao redor da praza de Abastos de Vilaxoán comezarán nesta intensa programación ao redor da música, os productos locais, a cociña, obradoiros de participación,...
Sábado 4 de setembro. O sabor do viño 19:00 Inauguración 19:30 Pregón: Uxía e homenaxe ao mariñeiro 21:00 Combo Mariñeiro de Vilaxoán* 22:30 Nacho Costoya, Cocteleiro 23:30 Bigote Mix DJ Domingo 5 de setembro. O sabor dos bivalvos 10:00 Os terribles de Arousa, Alborada 11:30 46º Travesía a Nado de Vilaxoán* 12:00 Presentación de produtores 12:15 Demostración culinaria a cargo de Julián A. Domínguez 13:00 Xurxo Souto e homenaxe ás redeiras 13:30 Entrega de trofeos da 46º Travesía a Nado* 13:45 Os tres trebóns e os Homes sen medo *Orzganiza Semana Náutica de Vilaxoán |
|
|
I FESTIVAL DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAIS LEMBRANZAS DA RÍA A asociación cultural Lembranzas da Ría celebra o seu primeiro Festival de Baile e Música Tradicionais, e faino como peche ás Festas do Cristo de Cangas do Morrazo. O Festival terá lugar na Praza das Pontes en Cangas (ao lado do concello, onde se fan todos os concertos do verán) e a data elixida será o sábado 4 de setembro ás 22:00 h, día en que rematan as Festas do Cristo. O Festival contará coa participación das diferentes formacións da A.C. Lembranzas da Ría (grupo infantil, grupo de baile, charanga e pandereteiras) e co grupo de baile e a banda de gaitas da Asociación Folklórica El Piñote (Pola de Siero - Asturies). E para rematar, ás 24:00 h, porá o broche de ouro o concerto de TAGHAITAÍ!!!, grupo formado por Iván Costa, Edelmiro Fernández, Manolo Maseda e Lola Fernández, que practicamente veñen presentarse ao público con esta formación neste Festival. A festa está asegurada, non volo perdades!! |
|
|
I SERÁN DE RIVEIRA O 4 de setembro a partir das 22:00 h na Praza de España de Riveira o Grupo de Baile e Música Tradicional Tahúme organiza o I Serán de Riveira.
A festa comezará da man dos organizadores, pero despois pode participar calquera grupo que se apunte no telf: 629 67 88 44 ou no mesmo día no posto da organización. Contamos con vós!!! |
|
|
IV SERÁN DOS CALLOS EN SALCEDA DE CASELAS
O 4 e 5 de setembro celébrase o IV Serán dos Callos, en Salceda de Caselas coa seguinte programación: Sábado 4 21:30 h IV Serán dos Callos na Praza do Concello de Salceda de Caselas
Domingo 5 10:00 h Apertura de taquillas e despacho de callos. Animación con "Vaite Xa" e "Os Trouseghas" 12:00 h Lectura do pregón por Mofa e Befa 19:30 h Mofa e Befa presentan "Cociña Económica" 21:00 h Uxía Senlle Trío no Auditorio Municipal Esperámoste! |
|
| << Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
| | Resultados 1 - 15 de 641 |
|
|
|
|
|