Inicio arrow Novas arrow 0029 IV MOSTRA DE CUARTETOS TRADICIONAIS
 
 
Frouma
InicioQuen somosAs nosas gravaciónsLocalizaciónGalerias de fotosActuacións anteriores
Musica Tradicional
Artesáns
Grupos
Personaxes
Os Nosos Grupos
Aloia Pandereteiras
Cántigas da Terra
O Hórreo de Iñás
Os Rueiriños
Santaia
Troulando
BOLETÍN FROUMA

Subscripcion o boletín






0029 IV MOSTRA DE CUARTETOS TRADICIONAIS PDF Imprimir E-Mail

CLAUSURADA A IV MOSTRA DE CUARTETOS TRADICIONAIS

IV Mostra de Cuartetos TradicionaisGrupo de Gaitas de EidosO domingo 18 de novembro rematou a IV Mostra de Cuartetos Tradicionais celebrado en Marín e organizada pola Asociación de Gaiteiros. A Mostra incluiu exposicións, debates, conferencias e actuacións musicais, que, no presente ano, xiraron arredor do grupo “Os Tempranos de Eiris”, da Coruña.

Despois dun animado Xantar Gaiteiro, Pablo Díaz Carro e Pepe Temprano lembraron nunha conferencia este emblemático cuarteto coruñés. Pepe Temprano era fillo dun dos fundadores e sobriño doutro, polo que nun animado coloquio narrou moitas anécdotas e vivencias deste tradicional cuarteto que foi o primeiro da comarca das Mariñas.

Para rematar a velada Pepe Temprano cos gaiteiros do Grupo Eidos, deleitou ao público presente interpretando unhas pezas do repertorio do cuarteto Os Tempranos de Eiris e outras compostas por él mesmo.

 
< Anterior   Seguinte >