Inicio arrow Novas arrow 0049 PRESENTACIÓN DE "O PENTAFOL"
 
 
Frouma
InicioQuen somosAs nosas gravaciónsLocalizaciónGalerias de fotosActuacións próximasActuacións anteriores
Musica Tradicional
Artesáns
Grupos
Personaxes
Os Nosos Grupos
Aloia Pandereteiras
Cántigas da Terra
O Hórreo de Iñás
Os Rueiriños
Santaia
Troulando
BOLETÍN FROUMA

Subscripcion o boletín






0049 PRESENTACIÓN DE "O PENTAFOL" PDF Imprimir E-Mail
PRESENTACIÓN DE "O PENTAFOL"

O Pentafol O venres 22 de febreiro, ás 12:00 horas, na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela, terá lugar a presentación do libro "O Pentafol" de Alberte Sanmartín Montaña.

Trátase dunha escolma de pezas populares para gaita galega, consta de 418 partituras impresas no método de escritura "Do" e 25 letras de cantigas. Asemade, ven acompañado dun DVD que contén as mesmas partituras en "Re" e todas as pezas -algunhas delas coas suas distintas voces- gravadas co son de gaita en tonalidade Do; un total de 478 arquivos de audio en formato mp3.

O seu autor, Alberte Sanmartín Montaña, e mestre de gaita dende 1987, comenzando a súa actividade musical no grupo "Doces Lembranzas" do Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo.

Membro de grupos como "Xolda", "Sugán", "Sons do Muiño", "Feile" e "Ruaille-Buaille", ten colaborado en directos e gravacións nas súas facetas tanto de gaiteiro como de letrista con varios artistas, ademais de ser finalista nas 5ª, 7ª e 9ª edicións do concurso de gaitas "Constantino Bellón" de Ferrol.

 
< Anterior   Seguinte >