| 0048 "PELO GATO 24", O NOVO TRABALLO AUDIOVISUAL DA AGG |
|
|
|
|
"PELO GATO 24", O NOVO TRABALLO AUDIOVISUAL DA AGG Xa está no mercado o "PELO GATO 24". Este novo traballo está impulsado e producido pola Asociación de Gaiteiros Galegos, realizado por Casa de Tolos e coeditado pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural e PAI-Música. Trátase dun libro, un CD e un DVD co que AGG segue a apostar pola divulgación da música tradicional entre as/os nosas/os cativas/os e "Pelo gato 24" preséntase como un bo xeito de materializar este obxectivo.O CD de audio consta de 13 cantigas tradicionais para nenas/os, que baixo a dirección musical de Paulo Nogueira e Magoia Bodega foron interpretadas por cantantes e músicos do prestixio de Leilía, Fuxan os Ventos, Migallas, Xabier Díaz, Mercedes Arribe, Sonia Lebedynski, Sra. Carmen, Xurxo Souto, César Longa, Begoña Riobó, Pancho Álvarez, Segundo Grandío, Xosé Liz e a charanga "Vai de Baile". O DVD está formado por un docufilm dirixido por Pablo Carpintero e Gustavo Couto sobre os xogos tradicionais, ademais dun "Como se fixo" e os videoclips e playbacks das cantigas. Se queredes obter mais información, non deixedes de visitar a páxina web www.pelogato24.com |
| < Anterior | Seguinte > |
|---|




Xa está no mercado o "PELO GATO 24". Este novo traballo está impulsado e producido pola Asociación de Gaiteiros Galegos, realizado por Casa de Tolos e coeditado pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural e PAI-Música. Trátase dun libro, un CD e un DVD co que AGG segue a apostar pola divulgación da música tradicional entre as/os nosas/os cativas/os e "Pelo gato 24" preséntase como un bo xeito de materializar este obxectivo.
