Inicio arrow Novas arrow 0050 IX CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL DA ASOCIACIÓN XUVENIL XIRADELA
 
 
Frouma
InicioQuen somosAs nosas gravaciónsLocalizaciónGalerias de fotosActuacións anteriores
Musica Tradicional
Artesáns
Grupos
Personaxes
Os Nosos Grupos
Aloia Pandereteiras
Cántigas da Terra
O Hórreo de Iñás
Os Rueiriños
Santaia
Troulando
BOLETÍN FROUMA

Subscripcion o boletín






0050 IX CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL DA ASOCIACIÓN XUVENIL XIRADELA PDF Imprimir E-Mail

 IX CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL DA ASOCIACIÓN XUVENIL XIRADELA

XiradelaOs vindeiros días 6 e 13 de abril terá lugar a novena edición do Concurso de Música Tradicional organizado pola Asociación Xuvenil Xiradela de Arteixo (A Coruña). É un concurso no que poderán participar grupos de asociacións xuvenís, culturais e recreativas, folclóricas, de veciños, etc..., que o desexen. Constará de tres modalidades: grupos de pandereteiras, cuartetos de gaitas (deberán estar formados por: dúas gaitas, tambor e bombo) e gaiteiros solistas (poderán levar, ou non, un acompañamento de percusión).

 O día 6 de abril ás 17:00 o concurso será para os Cuartetos de Gaitas e Gaiteiros Solistas, e o día 13 de abril con horario de mañá e tarde, (aínda por determinar) para os Grupos de Pandereteiras, no Centro Cívico Cultural de Arteixo. A hora de presentación, orde e normas serán enviadas previamente.

Para participar é necesario achegar a folla de inscrición debidamente cumprimentada ó local da Asociación (Polígono de Sabón, 5 15142 Arteixo), antes do 14 de Marzo de 2008. Podedes atopar esta folla na páxina web: http://xiradela.spaces.live.com/

Poderanse enviar tamén os seguintes correos electrónicos:
Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla ; Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla ; Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla
(segundo a modalidade na que se participe)

Calquera dúbida que queirades consultar será atendida pola A.X. Xiradela nos teléfonos: 981 64 11 25 ou no teléfono móbil: 646 87 59 53 (mañás) / 676 23 37 48 (tardes). Tamén podedes utilizar o correo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla

Bases Completas

 
< Anterior   Seguinte >