Inicio arrow Aloia Pandereteiras
 
 
Frouma
InicioQuen somosAs nosas gravaciónsLocalizaciónGalerias de fotosActuacións anteriores
Musica Tradicional
Artesáns
Grupos
Personaxes
Os Nosos Grupos
Aloia Pandereteiras
Cántigas da Terra
O Hórreo de Iñás
Os Rueiriños
Santaia
Troulando
BOLETÍN FROUMA

Subscripcion o boletín






Aloia Pandereteiras PDF Imprimir E-Mail
Aloia Pandereteiras

O seu nome, en xénero feminino, significa alalá ou canción. Este formación composta por mulleres pregoan, por medio de cancións a diversidade de historias contadas de xeración en xeración, a carón da lareira.

Aloia Pandereteiras

Este grupo atopase rexistrado dende o 2002, aínda que a súa traxectoria data do ano 1988.

As protagonistas desta formación son seis mulleres, de entre vinte e trinta anos, dando vida a contos, cantigas meigas e lendas cargadas de sabiduria popular. Seis pandereteiras e cantareiras que por medio da súa voz e axudadas cun anaco de coiro e ferros,  conseguen transportarnos a vida e tarefas diarias dos noso pais e abos. 
 
Estas mulleres están acompañadas de tres gaiteiros para preservar do olvido un patrimonio folclórico con selo propio, adaptando as súas pezas para transmitir a súa concepción, pero sempre sen desvirtuar a súa condición de tradicional.
 
Teñen participado na celebración de concursos, festivais e encontros musicais. Son moitos os concertos e intervencións realizadas a petición de varias agrupacións oleirenses, para poñer como guinda algunhas das mellores voces tradicionais galegas.

Aloia PandereteirasTamén en Portugal coñecen a existencia destas mulleres, convidándoas a participar en festivais internacionais , sempre deixando o listón de Oleiros ven alto, sen pretensións de lucro soamente a recuperación das Aloias dos nosos antepasados.

Para contactar con Aloia Pandereteiras:

María Socas García                                 
Teléfono: 607 97 32 36                          

Paula Canedo Rrey                                
Teléfono: 605 16 44 87           


 

 



 

 
< Anterior   Seguinte >