Inicio arrow Santaia
 
 
Frouma
InicioQuen somosAs nosas gravaciónsLocalizaciónGalerias de fotosActuacións anteriores
Musica Tradicional
Artesáns
Grupos
Personaxes
Os Nosos Grupos
Aloia Pandereteiras
Cántigas da Terra
O Hórreo de Iñás
Os Rueiriños
Santaia
Troulando
BOLETÍN FROUMA

Subscripcion o boletín






Santaia PDF Imprimir E-Mail
Logo de SantaiaFundado no ano 1982, naceu no seo da Asociación de Véciños Santaia, de Santa Cruz, como un fillo máis dunha ampla familia sobradamente coñecida pola abundante actividade cultural, musical e social que realiza dende os seus inicios.

Este é un claro exemplo da necesidade irrefreable dun grupo de veciños por saír da inactividade e do anonimato tentando saldar unha vella débeda histórica co noso pasado: a recuperación e conservación da música, o baile e as tradicións populares galegas.
 Santaia
Por iso, dende a súa fundación converteuse en escola permanente onde se pode aprender disciplina artística dende a transmisión dunha filosofía de vida baseada no amor polo propio, pola terra.

Agora son máis de sesenta veciños, con idades comprendidas entre os catro e os sesenta e cinco anos, os que se soben a un escenario para interpretar as pezas dos nosos antergos espalladas pola xeografía galega ou a daqueles autores que están a conservar o espírito enxebre que escribe as nosas páxinas. O abano de instrumentos está composto por gaitas, tambor, bombo, pandeiretas e pandeiro. A vestimenta é unha loa á Terra das Mariñas con variacións de roupa, de festa e de labor.

SantaiaA súa andaina internacional vén da man do país veciño, co que se realizan numerosos intercambios culturais. No 2000 visitaron o berce do folclore convidados pola Bagad Voulvriag, de Bourbriac, na Bretaña francesa. Unha actuación a pé de rúa durante a súa estadía alí deulles o pase de honra para pasear o nome de Oleiros polo norte de Italia representando a Galicia e convivindo con outras formacións significativas como Escocia ou a rexión alpina.

Celebracións etnográficas, festas patronais, concursos ou festivais son ocasións excelentes para exhibir arte e intercambiar cultura.

Santaia
Na actualidade, correspóndelle a dirección na modalidade musical a Carlos Barbeito Bello e Pablo Lorenzo Varela, sendo Lorena González Corral e José Luís Vázquez Rosales, procedentes de Xacarandaina os que se encargan da danza.

Disco de SantaiaO seu último logro é a gravacion dun CD titulado "Repichocas" baixo o proxecto Outra+Outra 2006 co patrocinio da Deputación da Coruña, a Fundación Paideia Galiza e o Estudio de Grabación Mans.

Para coñecer mais desta agrupación podes entrar en:
www.santaia.org

Grupo de Baile e Gaitas SANTAIA
Rúa Daniel R. Castelao, 13 – Baixo
15179 Santa Cruz (Oleiros - A Coruña)
Teléfono 981 62 64 97
Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla
 
< Anterior   Seguinte >