| Cántigas da Terra |
|
|
|
O 28 de decembro do ano 1916 nace en A Coruña o coro CÁNTIGAS DA TERRA gracias ao esforzo dun grupo de persoas que, imbuídas do espírito do “Rexurdimento”, tentaban recuperar e espallar a música e a cultura galegas. Esta primeira formación, composta exclusivamente por homes (como era o costume da época), presentouse por vez primeira diante do público o día 12 de xullo de 1917 no Teatro Rosalía de Castro da Coruña baixo a dirección musical de don Mauricio Farto Parra, e artística de don Leandro Carré Alvarellos e do señor Iglesias Roura, representándose a obra teatral “A festa do Tabeirón” de don Enrique Labarta Pose con tan grande éxito de público e crítica que o espectáculo houbo de repetirse o día 21 no mesmo teatro. O 25 de setembro de 1922 a Agrupación preséntase na praza de touros de Corcubión, con seis mozas vestidas co traxe de A Mariña cantando no Coro acompañadas de vintetrés homes, baixo a dirección de don Manuel Fernández Amor, (creador dos corpos de baile e polifonía). Era a primeira vez que aparecían mulleres cantando nun escenario galego e, de inmediato, tódolos coros folclóricos galegos comezaron a incluír mulleres nas súas formacións. No ano 1954, o Laureado Coro CÁNTIGAS DA TERRA asiste como invitado ó II Congreso de música celta celebrado na cidade de Brest, na que sería a primeira viaxe dunha colectividade galega á Bretaña francesa; congreso no que se aceptaría, logo da comunicación presentada pola representación do Coro, que “as características e constantes esenciais da música popular galega, eran coincidentes con aquelas outras dos países representados” pasando Galicia a ser considerada unha das nacións celtas.CÁNTIGAS DA TERRA acometeu desde a súa fundación a tarefa de recoller, escribir, harmonizar, difundir e conservar a cultura do pobo galego, non só no eido da música instrumental ou coral, senón tamén no das tradicións, a través de escenificacións dos costumes labregos e mariñeiros, teatro popular..., convertendo o seu arquivo en un dos mais c ompletos de Galicia, cun repertorio composto por mais de setecentas partituras de tódolos xéneros: alalás, pandeiradas, maneos, foliadas, muiñeiras, cántigas de berce, cantares de arrieiro e de desafío, alboradas, etc. Para o que contou coa inestimable colaboración de importantes personalidades da cultura galega, como Don Perfecto Feijoo, o crego Don Saturnino Cuiñas, Don Mauricio Farto Parra (un dos fundadores do Coro), Don Manuel Fernández Amor (primeiro gaiteiro e posteriormente Director do Coro), Don Leandro Carré Alvarellos (Director do grupo teatral), e os que foron Presidentes da Agrupación: Don Eladio Rodríguez González, Don Antón Vilar Ponte, Don Manuel Abeleda Zapata, Don Jose Luis Bugallal y Marchesi e Don Geranio Torreiro Antón que ocupa o cargo na actualidade.Para a difusión de tan extenso material, o Coro ten realizado unha serie innumerable de actuacións, dentro e fora das fronteiras de Galicia durante os seus preto de noventa anos de existencia ininterrompida e sempre baixo a mesma denominación, amosando en tódalas vilas e cidades galegas e no resto de España, Portugal, Francia, Suíza, Alemaña, Gran Br etaña, Arxentina e Brasil, a música instrumental, a canción, a danza e os costumes do noso país. Asímesmo e dentro desa labor de conservación e espallamento da cultura galega, CÁNTIGAS DA TERRA participou en gravacións para programas de radio e televisión de varios países e ten gravados 20 discos; o primeiro deles, no ano 1920, aínda en matrices de cera, e o último presentado este ano baixo o proxecto Outra+Outra 2006 co patrocinio da Deputación da Coruña, a Fundación Paideia Galiza e o Estudio de Grabación Mans. .![]() CANTIGAS DA TERRA ten unha longa tradición das súas escolas de gaita, percusión, baile e canto, incluindo nos últimos anos as escolas de zanfona e requinta. Conta cun grupo de baile, cun destacado grupo de gaitas, outro de zanfonas e outro de requintas. ![]() ![]() ![]() Para coñecer máis deste histórico Coro podedes entrar en: Rúa San Juan, 9 - Baixo Rúa Ángel Rebollo, 55 - 1º Soto 15001 A Coruña 15001 A Coruña Teléfono: 981 20 32 84 Móvil: 654 41 34 67
|
| < Anterior | Seguinte > |
|---|

Cántigas da Terra 


O 28 de decembro do ano 1916 nace en A Coruña o coro CÁNTIGAS DA TERRA gracias ao esforzo dun grupo de persoas que, imbuídas do espírito do “Rexurdimento”, tentaban recuperar e espallar a música e a cultura galegas.
Esta primeira formación, composta exclusivamente por homes (como era o costume da época), presentouse por vez primeira diante do público o día 12 de xullo de 1917 no Teatro Rosalía de Castro da Coruña baixo a dirección musical de don Mauricio Farto Parra, e artística de don Leandro Carré Alvarellos e do señor Iglesias Roura, representándose a obra teatral “A festa do Tabeirón” de don Enrique Labarta Pose con tan grande éxito de público e crítica que o espectáculo houbo de repetirse o día 21 no mesmo teatro.
O 25 de setembro de 1922 a Agrupación preséntase na praza de touros de Corcubión, con seis mozas vestidas co traxe de A Mariña cantando no Coro acompañadas de vintetrés homes, baixo a dirección de don Manuel Fernández Amor, (creador dos corpos de baile e polifonía). Era a primeira vez que aparecían mulleres cantando nun escenario galego e, de inmediato, tódolos coros folclóricos galegos comezaron a incluír mulleres nas súas formacións.
No ano 1954, o Laureado Coro CÁNTIGAS DA TERRA asiste como invitado ó II Congreso de música celta celebrado na cidade de Brest, na que sería a primeira viaxe dunha colectividade galega á Bretaña francesa; congreso no que se aceptaría, logo da comunicación presentada pola representación do Coro, que “as características e constantes esenciais da música popular galega, eran coincidentes con aquelas outras dos países representados” pasando Galicia a ser considerada unha das nacións celtas.
ompletos de Galicia, cun repertorio composto por mais de setecentas partituras de tódolos xéneros: alalás, pandeiradas, maneos, foliadas, muiñeiras, cántigas de berce, cantares de arrieiro e de desafío, alboradas, etc. Para o que contou coa inestimable colaboración de importantes personalidades da cultura galega, como Don Perfecto Feijoo, o crego Don Saturnino Cuiñas, Don Mauricio Farto Parra (un dos fundadores do Coro), Don Manuel Fernández Amor (primeiro gaiteiro e posteriormente Director do Coro), Don Leandro Carré Alvarellos (Director do grupo teatral), e os que foron Presidentes da Agrupación: Don Eladio Rodríguez González, Don Antón Vilar Ponte, Don Manuel Abeleda Zapata, Don Jose Luis Bugallal y Marchesi e Don Geranio Torreiro Antón que ocupa o cargo na actualidade.
etaña, Arxentina e Brasil, a música instrumental, a canción, a danza e os costumes do noso país. Asímesmo e dentro desa labor de conservación e espallamento da cultura galega, CÁNTIGAS DA TERRA participou en gravacións para programas de radio e televisión de varios países e ten gravados 20 discos; o primeiro deles, no ano 1920, aínda en matrices de cera, e o último presentado este ano baixo o proxecto Outra+Outra 2006 co patrocinio da Deputación da Coruña, a Fundación Paideia Galiza e o Estudio de Grabación Mans. .




