Inicio arrow O Hórreo de Iñás
 
 
Frouma
InicioQuen somosAs nosas gravaciónsLocalizaciónGalerias de fotosActuacións anteriores
Musica Tradicional
Artesáns
Grupos
Personaxes
Os Nosos Grupos
Aloia Pandereteiras
Cántigas da Terra
O Hórreo de Iñás
Os Rueiriños
Santaia
Troulando
BOLETÍN FROUMA

Subscripcion o boletín






O Hórreo de Iñás PDF Imprimir E-Mail
O Hórreo de IñásFundado no ano 1981 pola Asociación de veciños O Hórreo, da parroquia de Iñás, o Grupo de Baile e Gaitas O Hórreo é un dos máis antigos do municipio de Oleiros, pero mantén aínda vivo o espírito inicial de recuperar unha profunda e abundante tradición popular e darlla a coñecer ós mozos e mozas da parroquia, do concello e de toda a comarca.

O Hórreo de IñásO Hórreo de IñásA traxectoria da entidade folclórica está vencellada á historia doutro emblema do patrimonio oleirense: o Pazo de Arenaza, ubicado na mesma parroquia e referente indiscutible para os integrantes do grupo. De feito, esa nobre edificación dá nome a dúas das pezas máis significativas do seu repertorio, unha muiñeira e unha xota que interpretan alá onde van.

O Hórreo de IñásQuince mozos e mozas, de idades comprendidas entre os 14 e os 35 anos, conforman os grupos de baile, gaitas e pandeiretas que dan vida ás muiñeiras, pandeiradas, xotas e ribeiranas rescatadas das catro provincias galegas e interpretadas respectando fielmente os sons e as danzas orixinais, así como as coreografías típicas das diferentes zonas de procedencia.

O seu distintivo radica na utilización das tradicionais castañolas, que manexan con habilidade e destreza, convertendo cada espectáculo en arte en estado puro.

O Hórreo de IñásDurante o último cuarto de século, o Grupo de Baile e Gaitas O Hórreo participou en todas as edicións da Xuntanza Mariñana, que desde fai 26 anos reúne a numerosas agrupacións folclóricas da comarca, e mesmo lle correspondeu organizala nos anos 1990 e 2006.

Pero o seu percorrido chega ata terras francesas coa participación en intercambios culturais convidados pola Bagad Voulvriag de Bourbriac, da Bretaña. Tamén actuaron en todo o territorio galego e acudiron a numerosos festivais en Portugal, Asturias ou Murcia.
 
O Hórreo de Iñás

 

 
< Anterior   Seguinte >