Inicio arrow Grupos arrow A Marola
 
 
Frouma
InicioQuen somosAs nosas gravaciónsLocalizaciónGalerias de fotosActuacións anteriores
Musica Tradicional
Artesáns
Grupos
Personaxes
Os Nosos Grupos
Aloia Pandereteiras
Cántigas da Terra
O Hórreo de Iñás
Os Rueiriños
Santaia
Troulando
BOLETÍN FROUMA

Subscripcion o boletín






A Marola PDF Imprimir E-Mail
A MarolaHai xa 25 anos que para moitas xeracións de oleirenses, A Marola de Mera non é tan só un fermoso illote rochoso na inmensidade do bravo mar da nosa costa.

A MarolaCoincidindo co Golpe de Estado de febreiro do 1981, que fixo fraquear por unhas horas os primeiros pilares da democracia, xurde na localidade de Mera un movemento veciñal fortemente enraizado na terra e cun denominador común: recuperar as cántigas e os bailes que encheron de riqueza diversidade este pequeno recuncho de vida.

A súa única ambición foi sempre a de rescatar do olvido o que estaba condenado a desaparecer: a esencia dunha localidade mariñeira estrictamente vencellada á súa paisaxe. Dende entón e ata os nosos días, diferentes xeracións conviven en ensaios e actuacións movidos, unicamente, polo son das gaitas, os tambores e as pandeiretas que rezuman un forte olor a tradición e historia.

A MarolaNa actualidade a Agrupación Cultural A Marola está composta por 55 mozos con idades compren­didas entre os 5 e os 32 anos, divididos en catro grupos de baile (maiores, medianos, pequenos e minis) que alternan a danza popular coa súa participación na Banda de gaitas "Fontornela", integrada por 30 rapaces dende o ano 89, e no grupo de Cantareiras, composto por 23 rapazas da asociación hai xa sete anos.

A MarolaO coreógrafo Abel Domínguez Amado, xunto cos mestres de música e canto José Taboada e Paula Cordero, compoñen o actual equipo docente, que canta entre os seus antecesores con figuras destacadas como Jeannine Rima, francesa afincada en Mera, ou Carlos Peón, os dous responsables da formación do nutrido grupo de bailaríns que iniciaron este longo percorrido hai agora vintecinco anos.

Dende entón, Asturias, Cantabria, Castela, Almería, El Escorial foron testemuñas mudas das súas actuacións, que tamén traspasaron as nosas fronteiras para visitar o país veciño de Portugal, chegando a súa difusión internacional a través das canles da Televisión Española e Autonómica.

A Marola

Reflexo da intensa actividade que desenvolve é a celebración da tradicional mostra folclórica que organiza a agrupación no mes de xullo na súa localidade natal, como máximo expoñente dunha mestura de culturas e costumes.

Para contactar con esta asociación: 

Agrupación Cultural A Marola
Rúa Celso Emilio Ferreiro 69  
15177 Mera - Oleiros
Teléfono: 981 61 78 45
Móvil: 627 08 73 75

 
Seguinte >