Inicio arrow Grupos arrow Airiños de Fene
 
 
Frouma
InicioQuen somosAs nosas gravaciónsLocalizaciónGalerias de fotosActuacións anteriores
Musica Tradicional
Artesáns
Grupos
Personaxes
Os Nosos Grupos
Aloia Pandereteiras
Cántigas da Terra
O Hórreo de Iñás
Os Rueiriños
Santaia
Troulando
BOLETÍN FROUMA

Subscripcion o boletín






Airiños de Fene PDF Imprimir E-Mail
Escudo de Airiños de FeneA Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene” nace no 1987, partindo da idea que o seu fundador, Ramiro Couce tiña de crear unha grande Banda de Gaitas de Ferrolterra.
 
Airiños de Fene en 1992Como esta idea inicial non se chegou a consolidar, centrouse todo o traballo en “xuntar-agrupar” no mesmo grupo a tódolos xoves que estaban aprendendo a toca-la gaita nas Escolas Municipais do Concello de Fene.
 
Así pouco a pouco pasouse de ser unha ducia de compoñentes ós máis de 40 que hoxe en día integran a banda, que baixo a dirección de Miguel Doval, están a aprender e espallar o mellor do noso folclore, usando sempre e exclusivamente instrumentos tradicionais.

Ademais da Banda de Gaitas, Airiños de Fene conta cun Grupo de Baile (Cambadela), de Cantareiros (Bruada) e de Cantareiras (Xirifeiras), todos dirixidos por Chus Niebla.
BruadaXirifeiras

A primeira actuación da Banda de Gaitas celebrouse no Concello de Fene para conmemorar o día das Letras Galegas, no ano 1988. Esta actuación marca o punto de partida para unha Banda que na actualidade está considerada como unha das mellores de Galicia.

Dende a súa fundación, Airiños de Fene, organiza tódolos anos unha Xuntanza de gaiteiros onde os distintos grupos ou bandas dan a coñecer, o mellor dos seus repertorios, así como o intercambio de proxectos e ideas para potenciar as nosas tradicións e darlle pulo ó uso dos instrumentos tradicionais galegos. Aproveitan a celebración deste encontro de gaiteiros para realizar unha homenaxe a todas aquelas persoas e entidades que se caracterizaron por gardar, recoller, recuperar e dar a coñecer a nosa tradición, durante unha época dura e difícil, e sen os que a nosa cultura hoxe en día non sería o que é.

Airiños de FeneA súa historia podese dividir en dúas grandes etapas: A que comprende os anos 1988 a 1995 nos que Airiños de Fene  adícase a recuperar, aprender e ensaiar distintas pezas da nosa música, e actuar por diversos lugares, case todos na provincia da Coruña. E a que vai dende o ano 1996 ata hoxe. Nesta etapa Airiños de Fene convértese nunha das mellores bandas de gaitas tradicionais de Galicia, actuando en diversos puntos de Galicia, Asturias, Euskadi, Portugal, Cataluña, Castela e León e Francia.

No ano 1996 participan na gravación dun CD promovido polo Concello de Fene co nome de “Vira-lo vento”. Neste mesmo ano conseguen clasificarse para a final do II Certame de Bandas de Música, Corais e Gaitas organizado pola Xunta de Galicia e a Compañía de Radio e Televisión de Galicia, programa coñecido polo nome de “Con música propia”. A final deste Certame celebrouse cun programa en directo da TVG dende Ourense coa participación das mellores agrupacións de Galicia, sendo Airiños de Fene a gañadora no apartado de Bandas Tradicionais.

Neste mesmo ano tamén participan no programa de TVE internacional “Desde Galicia para o mundo” como recoñecemento ó noso bo facer dentro do eido musical tradicional galego.

Airiños de FeneNo ano 1997 quedan clasificados en primeiro lugar no Certame de Bandas de Gaitas Tradicionais celebrado en Betanzos. En maio de 1998, Airiños de Fene, participa nos actos de inauguración da Expo-98 de Lisboa (Portugal). E nese mesmo ano actuan na “Gala especial do 25 de Xullo” organizada pola TVG e celebrada en Santiago de Compostela.

No ano 1999 foi convidada o acto de clausura da XXXVII Feira Internacional de Mostras do Noroeste, o acto de recepción ós participantes na Regata Internacional de Veleiros “Xacobeo 99”, invitados pola Asociación Galicia-Bretaña representau o noso País no Festival Intercéltico de Lorient na Bretaña Francesa e convidados para actuar o día de fin de ano na vila turística de Sines (no Sur de Portugal) baixo o marco incomparable do seu castelo medieval.

Destacan no ano 2000 a “XII Xuntanza de Gaiteiros” na que rendéronlle unha homenaxe o grupo folk “Milladoiro”, a xira polo Pais Vasco, con actuacións en Bermeo, Gernika, Sestao e dúas actuacións durante a Semana Grande das festas de Bilbao e a actuación en Catoira onde participaron na homenaxe ó grupo de gaitas tradicional “Os Areeiras”.
 
No ano 2001 foron convidados para participar no Festival "Folk Segovia", no "VIII Festival de Bandas de Gaitas Encina 2001" (Ponferrada) e volveron ser seleccionados, por segunda vez, para representar a Galicia no "XXXI Festival Intercéltico de Lorient", na Bretaña (Francia).

Airiños de Fene
 
No ano 2002 sae ó mercado o seu primeiro CD “Identidade”. Este CD foi gravado nos estudios “Cormorán” gracias o apoio e colaboración do grupo folk “Milladoiro”. Polo que respecta ás actuacións, destacar a nosa participación na 22 edición do FIMPT (Festival Internacional de Música Popular Tradicional) en Vilanova i la Geltrú (Barcelona)  e a nosa participación na “XIX Festa da Carballeira” en Zas (A Coruña). Realizando unha actuación en directo para o programa "Lume na Palleira" da Radio Galega.

Para coñecer máis deste banda podedes entrar en:  www.airinosfene.es.vg

Souto Grande, 10
15528 Barallobre - Fene
A Coruña
Móvil: 686 52 67 75
 
< Anterior   Seguinte >