Inicio
 
 
Frouma
InicioQuen somosAs nosas gravaciónsLocalizaciónGalerias de fotosActuacións anteriores
Musica Tradicional
Artesáns
Grupos
Personaxes
Os Nosos Grupos
Aloia Pandereteiras
Cántigas da Terra
O Hórreo de Iñás
Os Rueiriños
Santaia
Troulando
BOLETÍN FROUMA

Subscripcion o boletín






Antonio Mato Rial e Vitorino Vázquez Doval PDF Imprimir E-Mail
Índice del Artículo
Antonio Mato Rial e Vitorino Vázquez Doval
Páxina 2
Páxina 3
Páxina 4

ENTREVISTA A ANTONIO MATO RIAL E A VITORINO VÁZQUEZ DOVAL REALIZADA O 24/04/2009

 Antonio Mato e Vitorino Vázquez

 

 

Antonio MatoMoitos somos da opinión de que o maior éxito dun compositor de música para gaita, é que ás súas pezas pasen ao pobo e as adopte como propias, malia que o prezo a pagar sexa o descoñecemento ou mesmo moitas veces o inxusto esquecemento do autor. Algo así pasa con Antonio Mato Rial (1921), antigo gaiteiro de “Cántigas da Terra” e creador dos varios e populares “Pasodobre d’Os Mato” xunto con outras pezas non menos coñecidas e variadas coma xotas, rumbas ou marchas. Xunto co señor Mato, toca Vitorino Vázquez Doval, outro vello gaiteiro e trompetista con cousas que contar.

A tarde vai ventosa e hai un anaco xa choveu de ballón, pero iso non é impedimento para que Antonio Mato Rial vaia como cada mércores aos campos de fútbol da Torre na Coruña, tocar cuns amigos. Alí, á sombra do faro milenario fálanos da súa vida namentres soan gaitas e tambores e os rapaces xogan o fútbol. 

Antonio MatoCando empezou vostede a toca-la gaita?

Ós doce anos, máis ou menos. Primeiro empecei cun “flautín”, que inda me berrou miña nai que collinlle unha escoba desas que había e corteille un cacho por arriba, aínda cun nó no medio, que tiven que furar. E foi como empecei a tocar, cun “flautín” dun pau dunha escoba. E despois iamos canta-los “reices” por alí, éramos rapaces e sacabamos unhas “perriñas”, comprei un “flautín”, xa un “flautín” destes de banda. E despois cando puiden comprei a gaita, e a tocar.

Aprendérono ou fixo todo vostede só?

Só. A min ninguén me ensinou a tocar. Nin a gaita nin o tambor, nin o bombo nin nada. Iso é condición miña.

A quen lle mercou a gaita? Algún artesán, outro gaiteiro...

Antonio MatoHabía un fulano que as fabricaba alí e encargueille unha.

Tiña algún familiar que tocara?

Non.

E logo, como lle deu pola gaita?

Pois había gaiteiros por alí onde vivía, e ocorréuseme a min tamén empezar a tocar. Daquela as festas eran case todas de gaiteiros e eu vía por alí un gaiteiro tocando, con tambor e bombo nada máis. Eu tería nove ou dez anos, e dábanme unhas ganas de tocar eu tamén unha gaita...E así foi como empezou a miña maneira de querer toca-la gaita. Isto era en Rellas, Silleda.

Que gaiteiros había por aló?

Había un que lle chamaban o Severino. Facía moitas festas por alí, porque non había gaiteiros coma os hai agora. Antes un gaiteiro atopábalo soamente “naqueloutro lado adiante”, agora hai gaiteiros a montóns.



 
Seguinte >