| 0586 III FESTA DO VIÑO DA CASA |
|
|
|
|
III FESTA DO VIÑO DA CASA A III Festa do Viño da Casa que organiza a Asociación Cultural Chan das Pipas terá lugar os días 31 de xullo e 1 de agosto e reunirá nesta fin de semana a diversos produtores domésticos de viño de Saxamonde e arredores para que oferten os seus caldos aos visitantes. Calquera persoa que queira poderase achegar para degustar os viños e acompañalos de carne ao caldeiro, polbo e empanada a prezos populares. A Área Recreativa e Chan das Pipas, onde se celebra a festa, ten unhas condicións idóneas para o estacionamento e o goce dun entorno natural, agradábel e familiar. Este ano incluímos como grande novidade o primeiro Concurso Degustación de Receitas ao Viño, en colaboración coa Asociación de Mulleres Arela. Como chegar: No Alto de Os Valos, na extrema de Redondela con Mos na N-550, vírase cara o Aeroporto. A uns 400 m. tómase á dereita e, 50 m. despois á esquerda. Haberá indicadores dende o desvío da N- 550. Programa da III Festa do Viño da Casa Sábado 31 de xullo: 18:00 h: Apertura de casetas de viño e petiscos (carne ao caldeiro, polbo e empanada) Inauguración da exposición fotográfica: "O traballo e os días" 19:00 h: Demostración da Escola de Baile Moderno de Saxamonde e da Escola de Baile Latino Vigo-Salsa. 21:00 h: Pasarrúas a cargo das Pandereteiras de Reboreda 22:00 h: Concerto de Música: Pandereteiras de Saxamonde “Arela” Velaquí Ardentía Domingo 1 de agosto: 11:00 h: Reapertura de Casetas 13:00 h: Sesión vermú a cargo da Orquestra de Saxos de Redondela. 14:00 h: 1º Concurso-degustación receitas ao viño 14:00 h: Xantar Popular 17:30 h: Xornada de Xogos Tradicionais e Populares (para cativos e maiores) |
| < Anterior | Seguinte > |
|---|






