Inicio arrow Novas arrow 0594 XVII MOSTRA DE INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL
 
 
Frouma
InicioQuen somosAs nosas gravaciónsLocalizaciónGalerias de fotosActuacións anteriores
Musica Tradicional
Artesáns
Grupos
Personaxes
Os Nosos Grupos
Aloia Pandereteiras
Cántigas da Terra
O Hórreo de Iñás
Os Rueiriños
Santaia
Troulando
BOLETÍN FROUMA

Subscripcion o boletín






0594 XVII MOSTRA DE INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL PDF Imprimir E-Mail

XVII MOSTRA DE INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL

XVII Mostra de InstrumentosUn ano máis a Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG), achégase ata o Festival de Pardiñas para organizar a que será a "XVII Mostra de Instrumentos de Música Tradicional". Un evento que constitúe unha das mostras de luthería máis antigas da península e que congrega cada ano a numerosos artesáns do país para mostrar o seu traballo ao público. Este ano a mostra conta coa presenza de 22 artesáns que nos amosarán o seu bo facer, e séguese apostando pola música e polo baile tradicional a través de actuacións en directo, obradoiros e a sempre estimada participación do público presente.

Para levar a cabo esta actividade, este ano contamos coa axuda da Consellería de Cultura e Turismo, Maderas Barber, Comercial Pazos e Seivane-Goretex. Unha colaboración que resulta imprescindible para que a AGG continúe na súa loita de divulgación e dignificación da cultura tradicional.

Durante as xornadas do 7 e 8 de agosto, e no marco incomparable do Festival de Pardiñas, a XVII Mostra de Instrumentos de Música Tradicional contará cun programa repleto de actividades.

O Sábado contaremos cun pregoeiro de luxo, Nando Casal, un dos membros fundadores do grupo Milladoiro. Posteriormente terá lugar unha demostración e construcción de gaitas con torno de varas, a cargo do artesán Nebra.Para rematar as actividades do sábado, contaremos coa actuación de Os Minhotos, grupo chairego composto por cinco músicos, que naceu como cuarteto, alá polo ano 96 e que pouco a pouco foi incorporando outros instrumentos da nosa música como o acordeón, a requinta ou a zanfona.

Durante a xornada do Domingo haberá actividades dende a mañá co Concerto Os instrumentos femininos, a cargo de Pablo Carpintero, Rosa Sánchez, Mª del Carmen Picallos e Xaneco. Xa pola tarde contaremos cunha demostración práctica de instrumentos de corda e percusión a cargo do grupo Diluvea, que está formado por Diego Langarika, Luis Martínez e Beatriz Martínez. O Obradoiro de Baile Tradicional, correrá a cargo de Gustavo Couto, mestre desta disciplina e coautor do libro Bailaben, e máis tarde Pablo Carpintero e Rosa Sánchez serán de novo os encargados de ofrecernos un concerto de repertorio antigo de Pontevedra, que rematará cun obradoiro de Treboada a cargo de Oli Xiraldez.

As actividades previstas para enriquecer a exposición, están enfocadas para que sexan totalmente participativas, así pois haberá un escenario disponible, durante todo o día para todos aqueles músicos que desexen tocar, e aqueles artesáns que queiran falar ou facer algunha demostración da sonoridade dos seus instrumentos.

Van participar estes artesáns:

Lois Mouriño / Obradoiro de instrumentos tradicionais / Compostela
Oli Xiraldez / Gaitas e requintas / Balaide –Teo
Nebra / Gaitas e zanfonas / Porto do Son
Xosé Tuñas / Percusión / Ames
Luis Martínez / Instrumentos de corda / Soutomaior
Pablo Carpintero / Gaitas Requintas e percusións / Santiago
Diego Piñeiro / Gaitas / Palma de Mallorca
Xaneco / Obradoiro de instrumentos musicais galegos / Outeiro de Rei
Diego Langarika / Percusión / Vigo
Che Vázquez / Trompas e instrumentos tradicionais / Brión- A Luaña
Paporrubio instrumentos musicais / Gaitas e frautas / Sarria
Xermán Arias / Luthería e zanfonas / Sarria Afonso Castro / Gaitas / O Rosal
Foliqueiras / Percusión Tradicional / Vigo
Carlos Fandiño / Gaitas / Teixeiro
Cristobal Prieto / Gaitas e frautas / O Hío – Cangas
O Chilro / Percusión e gaitas / Cambados
Roi / Gaitas e requintas / Vigo
Rebollo instruments / Instrumentos de Corda / Beluso
Xaime Rivas / Zanfonas / Vigo
Morenita / Percusión / Laza – Ourense
Roi / Instrumentos de Corda / Pontevedra

Programa:

Sábado 7 de agosto

17.00 h – Apertura da Mostra
17.30 h – Pregón a cargo de Nando Casal
18.00 h – Demostración de construción de gaitas con torno de varas – Nebra
19.00 h – Actuación de Os Minhotos
20.00 a 21.30 h – Escenario libre para músicos espontáneos

Domingo 8 de agosto

11.30 h – Apertura da Mostra
12.00 h - Concerto “Os instrumentos femininos” - Pablo Carpintero, Rosa Sánchez, Mª del Carmen Picallos, Xaneco
16.00 h - Demostración de construción de gaitas con torno de varas – Nebra
17.00 h – Demostración práctica de instrumentos de corda e percusión – Diluvea: Diego Langarika,Luis Martínez, Beatriz Martinez
18.00 h – Obradoiro de Baile tradicional - Gustavo Couto.
19.00 h – Concerto de repertorio antigo de Pontevedra – Pablo Carpintero ,Rosa Sánchez
20.00 h - Obradoiro de Treboada - Oli Xiraldez
20.30 a 21.30 h - Escenario libre para músicos espontáneos 

Tamen O Domingo dia 8  As 13,30

Na Mostra de Instrumentos de Música Tradicional PRESENTACIÓN DO CD “OS IRMANDIÑOS. UNHA VEZ FOI O TREBÓN”, Poemas de Manuel María, interpretados por A Quenlla.
 
Xa está á venda en Cd, cos textos musicados e unha melodía instrumental que serve de soporte aos textos dialogados na obra.

O Festival de Pardiñas, vai medrando coma un manancial de iniciativas e novidades culturais, grazas á concentración de vibracións de creatividade, e á fidelidade ó pobo, daquelas e daqueles que nos achegamos aquí para compartir os nosos debezos de beleza.
Hai anos, nesta fervenza emocional que é Pardiñas, Manuel María, comunicoulle a Mero, do grupo A Quenlla, a súa ilusión de que fose este grupo o que musicase os seus poemas de “Os Irmandiños”, e poder dalos á luz…
Non caeu en saco furado, e Mero e Mini, acolleron este compromiso. E velaquí, que neste festival 2010, van presentar a edición musical desta obra de teatro de Manuel María. Vai ser unha hora máxica, para a historia do noso pobo. O poeta da Terra Chá gustaba de promover poéticamente persoaxes e acontecementos da nosa historia, ata convertelos en sinais senlleiras para axudar a facer pobo ás novas xeracións, nesta liña esta obra ideada para representar, mostranos agora este acontecemento das revoltas irmandiñas.
A primeira guerra irmandiña foi no 1431 nas terras dos Andrade, Pontedeume e Vilalba…, ata chegar á Irmandade de toda Galiza, contra os abusos dos señores, provocando a caída de 150 torres e castelos.

A Quenlla puxo música e interpreta, nunha peza única, esta obra. É unha mostra máis da calidade da súa poesía cantada. Da que xa levan producido moitos froitos, facendo un servizo fundamental á nosa cultura. A Quenlla agasalla este traballo marabilloso á Irmandade Manuel María, que se compromete a difundilo en todos os eidos da vida e actividade do país. A honra é moita por ser obra de Manuel María, e por estar interpretada polo grupo A Quenlla, as mellores voces, as máis fieis á escrita… Grazas tamén a Saleta, a dona de Manuel María, por permitirnos esta publicación. Acreditamos que Pardiñas é un mar en calma, no que cada vaga de creación, provoca e suxire outra aínda máis intensa.
Si un día Manuel María, decidiu pór música a “Os Irmandiños”, neste ambiente, na XXXI edición, presentamos a versión, e dámola a coñecer, tamén cando facemos memoria dun dos intérpretes, César Morais, e o cartel do Festival é obra de Rita Galeotte, tamén autora do deseño da carpeta de presentación desta achega que ven a engrandecer aínda máis a obra de Manuel María e de A Quenlla.

Presentacion do CD “OS IRMANDIÑOS”, no esceario da Mostra de Instrumentos, coa participación de: Marica Campo, Miro Casabella, Xosé Estévez, Xosé Neira Vilas, David Otero e unha interpretación do grupo A Quenlla

 
< Anterior   Seguinte >